SOBREIRA

Saúdos viaxantes!! Eu son unha sobreira, levo aquí nesta terra dende tempos inmemoriais, e teño un medrar lento, igual que os meus primos carballos. Dou tamén un froito moi semellante, que son as landras. Pero seguro que a parte que máis che chama a atención de min non é a froita nin a folla… senón o meu tronco. Tan gordo e escumoso! Coa capa exterior faise un material, a cortiza, que serve para facer moreas de obxectos, desde tapóns a taboleiros para pór chinchetas.