SALGUEIRO

Douche a benvida e saúdoche! Son un salgueiro e un salgueiro son eu. Unha árbore pequena, flexible á que lle gusta ben a auga. Son das primeiras que medra e ábrolle paso a outras. Co meu corpo fanse cestos e outros aparellos para a labranza… O máis sorprendente é que teño en min unha substancia que serve para a dor de cabeza e outras dores. Chámase ácido acetil salicílico. Nome raro… si, mais probablemente che soe máis co nome de Aspirina… Si, seguramente tes tomado algunha. De nada por curarche. Cóidate!