ADIVIÑA: Entón, sabes xa por que saía a xente cos sacos cheos?
Escoitemos o río
Escoitemos o río
“Este muíño que agora visitades é algo diferente do anterior. Naquel vivía xente, que coidaba do muíño, mais aquí non hai casa; non vivía ninguén. Entón seguramente vos preguntaredes… Quen o coidaba? Pois coidábao a veciñanza, por quendas.
Os muíños comunitarios eran un lugar onde a xente se reunía, un sitio onde quedar e no que moitas veces, mentres o gran se moía, a xente contaba contos, creábanse historias, a rapazada xogaba e ata se bailaba e cantaba.
Moitas das historias que se escribiron, que levan grandes nomes de poetas e escritoras, primeiro comezaron nas xuntanzas en lugares como os muíños, inspiradas pola auga do río e os quefaceres da veciñanza.
Sobre todo, os mozos e mozas eran quen o gardaban de noite, e facíanse aquí festas onde se tocaban, cantaban e bailaban muiñeiras.
A música e a ledicia atraía os trasnos dos arredores, que viñan ver se tiñan algunha cousa para roubar ou se podían facer algunha trasnada.
Un trasno, Xaquín, gustaba especialmente de quedar mirando as persoas que namoraban ao bailar, ou as amizades que se tecían mentres a xente cantaba.
Cando o muíño quedou baleiro, a Xaquín deulle moita pena… de tanta vida que había, xa non quedaba nada. Entón decidiu facer un encantamento: colleu unha póla de loureiro, plantouna do medio da moa, e convocou as ánimas de todas as persoas que viviran ao redor desa pedra. O loureiro medrou rapidamente, e medraron unha chea de pólas.
Hoxe din que cada un dos troncos de loureiro deste muíño ten en si a ánima dunha persoa que foi feliz neste muíño.
E pregúntoche… mirando coa chea delas que hai, non che parece que repartiu bastante felicidade?”
O xogo do muíño:
Escoitastes a historia do muíño e o trasno Xaquín?
Pois, sabedes que? O trasno Xaquín, aínda está agochado entre as pedras e follas deste muíño!!
Ultimamente non se deixa ver moito, xa case ninguén lembra as historias do muíño e ten algo de medo.
Queredes axudalo?
Escolle unha folla de árbore das que fuches apañando polo camiño ou unha que vexas arredor do muíño. Unha ben bonita! Tela?
Pois agora busca dentro do muíño a Xaquín e déixalle a folliña na man, así non terá medo e saberá que coñecedes a súa historia.
Cantiga popular
Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir o neno,
que está no sono primeiro.
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada.
Cookie | Duración | Descripción |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |