PIÑEIRO

Pois eu, se queres saber… son un piñeiro. Nacer non nacín aquí, pero levo xa tanto tempo que me acostumei ben ao terreo, e el a min. Xa son unha especie do país e a miña folla tense usado para facer as filloas máis ricas nas sartañas. Coa miña resina fanse moitas cousas e é moi útil, mais hai que ter coidado, porque tanto ela coma as miñas follas arden moi fácil. Por iso alí onde estea, é importante ter ben limpo para que non se produzan incendios.