Ola, que tal? Son un loureiro! Penso que xa me coñeces… porque as miñas follas teñen un recendo moi característico e a xente hai ben tempo que as usa para cociñar. Para un guiso, para un arroz, mmmm….
Igual que outras árbores, mando ás miñas raíces a reproducir as miñas fillas, por iso sempre ves que do chan saen moitos troncos pequenos no canto dun gordo e grande. Gústame a sombra e tamén miro de dar frescura a quen se senta debaixo de min.
Menu