INFORMACIÓN

Ruta do apego

A Ruta do Apego de Rianxo é unha actividade do Proxecto Apego.

APEGO é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e desenvólvese, de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos adheridos. As actividades incluídas neste programa van dirixidas ás crianzas de 0 a 6 anos e ás persoas que as acompañen.

Atoparedes moita máis información do Proxecto Apego na súa páxina web. Nesta páxina poderedes saber se os vosos concellos están adheridos ao proxecto, coñecer as actividades para crianzas que desenvolven e tamén atoparedes a forma de inscribirse nel.

Recomendacións para a ruta

“Con choiva e con vento, nin monte, nin río, que perdes o tempo!”

Xa estades preparadas e preparados para a aventura!!!