FREIXO

Ola camiñante! Atopaches entón unha folla de freixo. Que son eu! Si, un freixo. Son unha das especies antigas que viven nas beiras dos ríos e que conviviron coas xentes desde a súa chegada, e ata hoxe. As castrexas considerábanme unha árbore sagrada, por todas as utilidades que eu tiña. Coa miña madeira flexible fanse ferramentas e facíanse antigamente arcos e ata instrumentos musicais, coma a guitarra! As miñas follas serven de menciña para as dores da vellez e tamén para ir ben de ventre e a miña casca para as dores de cabeza!