EUCALIPTO

Eu son un eucalipto!! O meu recendo enche todo o bosque no que me atopo. Se che cadrou tamén o uliches en caramelos. É moi bo para limpar o nariz e a gorxa… tanto nos caramelos como facendo vapores con elas! Propiedades teño, si… mais hai que ter moito coidado con plantarme de máis, porque vin de moi lonxe e esta terra aínda non se acostumou a min. Chucho moita auga e deixo o terreo seco e ademais medro moi rápido e cómolle todo o sitio a outras especies. Son bastante abusón e se non se me controla, fágome con todo sen deixar medrar outra cousa. Así que deixádeme soamente en poucas cantidades, porque senón acabo con todo, que son algo larpeiro.