CARBALLO

Ola, ola! Son un carballo. Eu non vivo normalmente a carón do río, senón máis ben nas fragas próximas. As miñas froitas, as landras, esparéxense moi facilmente dando pequenos carballos por todos lados. Mais destes, poucos acaban sendo maiores, porque os carballos medramos moi lento e se hai outras árbores que nos “adianten” no crecemento, dannos demasiada sombra e non nos deixan medrar. Iso si, cando chegamos a maiores, temos uns troncos moi moi gordos e moitas pólas por todas as partes. No outono deixo caer a miña folla e boto a durmir ata que volve chegar a primavera.