BIDUEIRO

Esta folla é a miña viaxante e eu son… un bidueiro. A miña cortiza prateada éche o máis característico, pero non soamente estou aquí para facer bonito. Tamén sirvo ao ecosistema do río dunha maneira moi importante, pois moitos bechos, como os cabaliños do demo, se alimentan de min. As persoas tamén me atoparon moitos usos: facer obxectos coa miña madeira, como cuncas e ata as máscaras do entroido… A miña brea usábase para impermeabilizar as roupas e ata a miña casca pode servir para facer de cano para a auga.