AMENEIRO

A min chámanme ameneiro! Son unha das especies máis antigas que hai na beira dos ríos, das que máis traballa para controlar a temperatura. Coa miña madeira fixéronse obxectos tan importantes coma os zocos ou os eixos dos carros e as miñas follas son moi boas para os pés cansados.