Saúdos, viaxantes! Eu son unha acacia negra. As miñas follas cambian moito desde que son pequena ata que medro. Son familia das mimosas, esas que dan a flor amarela coma un pompón. As miñas flores son menos esponxosas, pero sérvenme igual para ir pór as sementes por todas partes. Ademais, reprodúzome por debaixo da terra e mando as miñas raíces a pór os fillos meus por todas partes. Gústame tanto o río como outros lugares do monte. Non me gusta nada compartir espazo con outras especies, así que tende coidado comigo se non queredes que quede eu soa.